As nosas augas

028v-020

A auga de “Termas de Cuntis” é unha auga mineromediciñal especial debido a súa privilexiada composición químico-física e biolóxica (sulfurada sódica e hipertermal e de mineralización débil). A súa aplicación está baseada na estimulación de todo o organismo mediante accións térmicas, mecánicas e químicas. Polo seu contido en sulfuros, sulfatos, sodio, anhídrido carbónico, sílice, flúor, calcio, magnesio e outros, é utilizadae recomendada no tratamento de diversas enfermidades coma:

  • Afeccións reumáticas: Reumatismos dexenerativos (artrosis), reumatismos inflamatorios (artritis reumatoide), reumatismos non articulares (ciáticas, neuralgias, dolores musculares, etc.)
  • Afeccións respiratorias: prevención de bronquitis, catarros, resfriados, sinusitis, rinitis, etc.
  • Afeccións da piel: Psoriasis, liquen plano, dermatitis e outras.
  • Alteracións do metabolismo: obesidade, sobrepeso.
  • Rehabilitación: recuperación de estados postraumáticos, recuperación de lesións deportivas, etc.
  • Alteracións psicolóxicas e do sistema nervioso: problemas de estrés emocional, insomnio, estados de agotamento físico e intelectual.