Historia do Balneario

historia

O uso dos manantiais de augas termais de Cuntis remóntase á época romana. O feito de que os romanos coñeceran o poder das augas de Cuntis parece probado polo feito de seren atopadas numerosas moedas coas imaxes dos emperadores Nerón e César Augusto no leito das fontes.
En 1765, D. Pedro Gómez de Bedoya, describe na súa “Historia Universal de las Fuentes Minerales de España” as Caldas de Cuntis, que afirma ter visitado personalmente. Di delas que:

“…los pobladores de esta Villa no dan noticia, de que esta agua tuviese antiguamente uso alguno, aunque yo creo que no dejaría de ser frecuentada por sus muchas virtudes, y porque el Baño denota no ser fabrica moderna; ni menos saben, que se hayan hecho pruebas, o Análisis de ella, y solo yo, habiendo metido en ella una moneda de Plata, observè, que la volvió de color de Cobre, un poco mas oscuro…”
O Baño ao que se refire Bedoya é a orixe do actual Hotel Balneario da Virxe. A continuación engade:

“…Fueron muchas las curaciones de que me informaron este Bañero, y los sugetos mas distinguidos de la Villa, y las que yo vi en el tiempo, que estuve en ella; pero apuntare solo las mas principales. Joseph Roma, Herrero, y vecino de S. Pedro de Lantaño, distante una legua de Caldas de Cuntis, llegó al Baño el año de 1760, impedido de todos los extremos por un Rheumatismo doloroso antiguo, y para el que havia practicado quantas diligencias y medicinas pudo adquirir, hasta llegar a apurar el saber de los Medicos: tomole ocho dias y recupero enteramente su salud …”
En 1832 o polo entón Director Médico D. Manuel Jacobo Fernández Mariño refírese á utilización dun baño de chorro e outro de estufa na casa de Baños de Santa María (baños da Virxe).

D. Pedro M. Rubio, en 1853 sinala que a media de enfermos que acoden a tomar estas augas aproxímase aos 1.000. Isidoro Ortega realiza, en 1865 unha memoria dos baños de Cuntis, referíndose á casa de Baños do Sr. Castro, “…forrada con azulejos de Valencia, además de una sala de esparcimiento y distracciones con periódicos y juegos lícitos…”. Actualmente, este establecemento é coñecido como Balneario do Castro.

En 1881 realízase unha importante obra no Balneario da Virxe, incorporándose bañeiras de mármol individuais (algunhas todavía en uso hoxe en día), pilas colectivas, chorros e aparellos de hidroterapia. En 1908 amplíanse as instalacións cun edificio anexo ao primitivo. O comedor e salón actuais do Hotel pertencen a este edificio.

Nos anos 1944 e 1969 realízanse sucesivas ampliacións do Hotel, ata chegar a unha dimensión de 180 plazas.

En 1998 constrúese, nos terreos que ocupaba a casa de baños denominada do Barreiro, un novo edificio, integramente adicado á balneoterapia, destinándose o antigo (ao que está unido por un túnel) unicamente a hotel.