Lugares de Interese

RESTOS ARQUEOLÓXICOS

O val do Río Gallo foi un importante asentamento desde a Antigüedade. Restos arqueolóxicos como castros, petroglifos ou mámoas son pisadas significativas da prehistoria cuntiense.

• Os petroglifos de Cequeril constan de varias pedras con grabados. Os grupos máis importantes son os de “Outeiro dos Campiños” e, moi proximo a éste, o de “Laxe dos Homes”.

• O Petroglifo de A Ran localízase no centro do polígono industrial do mesmo nome. É o único do concello que contén gravados de cervos. Aconsellámoslle visitalo cando o sol incida lateralmente sobre as pedras, debido ao seu fráxil estado de conservación.

• As Mámoas de Mesego están datadas no ano 3000 a.C. Tamén destacan as mámoas “petoutos dos mouros”, situadas detrás das escolas de Troans.

•  O Castro de Laxos é unha aldea da Galicia prehistórica. Nas prospecciones arqueolóxicas realizadas no verán de 1993, atopáronse varias casas circulares e estructuras que demostran a súa ocupación ata o cambio de era.

• Temos que destacar o Castro de Castrolandín. Trátase dunha aldea fortificada da Idade de Ferro, que grazas ao traballo da Fundación Terra Termarum, convertiuse nun xacemento visitable valiosísimo como recurso cultural e turístico.

Nos límites de Cuntis existen numerosos castros, arredor dunha quincena.

ARTE RELIXIOSO

Nesta fermosa localidade existen edificios relixiosos de grande interés arquitectónico; algúns erguidos xa durante a Idade Media, entre os séculos XII e XIV.

• O cruceiro da igrexa parroquial de San Breixo de Arcos de Furcos, que data do S. XVI, é o máis antigo de todo o concello. Destacan, neste templo, un peregrino e unha pila bautismal, no exterior, e un baldaquino gótico á entrada da igrexa.

• A igrexa parroquial de Santa María de Cuntis levantouse coas pedras dun primitivo templo románico. No seu interior consérvanse dúas esculturas, un Cristo e un San Sebastián, atribuidas ao artista Ferreiro, un dos máis célebres autores da imaxinería galega do S. XVIII. Tamén ten esculturas do mestre Francisco Asorey.

• A Igrexa do Convento de San Bieito de Pereira construíse no S. XIX. No atrio ten un cruceiro con figuras talladas polos vellos canteiros do lugar, que representan a Sagrada Familia. No alto do cruceiro sorprende a imaxe da Virxe atravesada por unha espada.

• O Cruceiro do cemiterio parroquial de Santa María de Cuntis estaba emplazado no centro da vila pero foi trasladado ao cemiterio a mediados do S. XX. No anverso posee un Cristo de Agonía e no reverso ten unha Virxe María.

• O Cruceiro da Igrexa Parroquial de Estacas data do S. XVII; xunto co de Arcos de Furcos é dos máis antigos de Cuntis. Ademáis, unha das subidas á igrexa parroquial está acompañada por un Vía Crucis.

ARQUITECTURA POPULAR

Da época moderna hai pazos, casonas, casas rectorales e casas de aldea- hospedería, que son un fiel reflexo da suntuosidade e o señorío de algunhas familias nobles da zona.

• O Hospitalillo é unha casona, no seu tempo propiedade dunha familia acomodada que residía no lugar. A súa fachada exhibe toda a beleza da pedra labrada polos bos canteiros desta comarca. Na actualidade acolle a Casa da Cultura “Roberto Blanco Torres”.

• O Hórreo da Casa Rectoral de Estacas ten sete claros e é o meirande de todo o municipio. A súa construcción en pendiente provoca una maior espectacularidade aos  ollos do visitante.

• Os Hórreos da parroquia de Cequeril caracterízanse por unha arquitectura  máis retorneada e con mellor acabado, posto que se atopan nunha terra rica en canteiros.

OBRAS SINGULARES

• O Monumento aos Canteiros é a peza máis recente erixida en Cuntis xunto co busto de Roberto Blanco Torres. É unha homenaxe aos canteiros da zona.

• O Sagrado Corazón de Xesús, que se levanta no parque Maráns constitúe un espléndido conxunto escultórico. O monumento, obra dO escultor Francisco Asorey, inaugurouse en 1945 como proxecto de recuperación  do cumio do Monte Maráns. A imaxe aséntase sobre un pedestal de granito. É un verdadeiro mirador dende o que se pode contemplar a Vila de Cuntis. O parque ten ademais mesas de pedra e unha grande arboleda.