Balneario e Circuíto Lúdico Termal
Instalacións do balneario
A amplitude das instalacións do Balneario de Cuntis queda reflectida na relación das mesmas: por un lado atopámonos co máis de 40 cabinas individuais de tratamento (baño con hidromasaxe e aeromasaxe, chorros, parafangos, ducha circular, ducha Vichy, lodos e algas, cabinas de masaxe, estética, electroterapia, sala de fisioterapia, sala de respiratorio con inhaladores e aerosois, estufas de vapor, saunas finlandesas, biosaunas, pediluvios e maniluvios estáticos, pediluvios dinámicos, circuito termarium, etc) e piscina terapeútica. Pode consultar máis información acerca dos nosos Tratamientos Lúdicos e Tratamientos Terapéuticos.
E polo outro lado o espazo lúdico-termal “Acquaform” que está formado por dúas piscinas (unha interior e outra exterior), zonas de chorros en espalda e pes, camas de masaxe, contracorrente, pescozos de cisne, cascadas, zonas para nadar… e o “Vital Club” dotado cunha espacionsa sauna finlandesa, estufas de vapor, biosauna, jacuzzis, e cabina de xeo. Consulte aquí máis información sobre o Acquaform.
Programas e Tratamentos
Neste tipo de programas, as diferentes técnicas están adaptadas e combinadas para cada unha das necesidades personais e cunha finalidade terapéutica, estética e de benestar.
Ver máis información
O estresante ritmo de vida actual, trouxo consigo unha serie de necesidades para mellorar a nosa saúde e benestar físico e mental. Para elo, propoñémoslle unha serie de programas baseados na hidroterapia.
Ver máis información
Dese un capricho ou faga unha escapada para relaxarse e recuper todas as súas enerxías. Contamos cunha ampla oferta de servizos soltos para que desconectes.
Ver máis información
Toda a información do Balneario
Aquí pode consultar toda a información relativa a Termas de Cuntis: a súa historia, as súas augas...
