Premio Marcial Campos á Investigación Termal
Marcial Campos, Presidente da Organización Mundial do Termalismo e da Sociedade Internacional de Técnica Hidrotermal (1977-1992), levou a cabo unha ampla labor de promoción e divulgación a nivel internacional das virtudes da utilización destas augas, destacando as súas vantaxes e cualidades.
A Organización Mundial do Termalismo (OMTh), a Sociedade Internacional de Técnica Hidrotermal (SITH), e a Sociedade Internacional de Hidroloxía Médica (ISMH), en colaboración con Termas de Cuntis, e desxeando continuar a investigación científica sobre o termalismo, así como ampliar a súa divulgación, convocan o Premio Internacional “Marcial Campos” á Investigación.
Os traballos de investigación recepcionaranse (ben por correo, e-mail ou entrega en man) na Secretaría Xeral da SITH, Balneario de Cuntis, c/Rúa do Balneario, 1; 36670 Cuntis – Pontevedra – España, desde o día 1 de Maio de 2011 ata as 17.00 h. do 31 de maio do mesmo ano, sen remite no que conste o nome ou dirección dos autores.



