Tratamentos Lúdicos
Nestes programas, diferente técnicas están adaptadas e combinadas para cada unha das necesidades personais, con unha finalidade terapéutica, estética e/ou de benestar.
Coñeza o balneario e experimente durante unhas horas a combinación de diferentes técnicas cos “Programas dun día”. Conecte co seu lado máis emocional e sinta o placer dos sentidos cos nosos tratamentos de “Senda Natural”. Descubra onde se almacenan as súas tensións desfrutando do momento e relaxándose ata límites insospeitados con calquera das nosas masaxes. Coide a súa pel e póñase ainda máis guap@ cos tratameentos de estética facial ou corporal que lle ofrecemos. E por suposto, deleitese coa experiencia de saber o beneficioso que é para o seu organismo o recibir calquera das nosas técnicas de hidroterapia con auga termal.
Vídeo de Tratamentos Lúdicos.
Descarga as tarifas en formato PDF.
É preciso ter Acrobat Reader no seu ordenador. Descárgueo aquí.
PROGRAMAS LÚDICOS E DE RELAX
Programas de dous días
Programas especialmente diseñados para combinar con estancias de 2 noites en calquera dos nosos hoteis… A forma axeitada perfecta de evadirse un par de días e esquencerse de calquer preocupación.
Programas dun día
Son tratamentos onde se combinan diferentes técnicas. Coa duración aproximada de 2 horas por programa, están diseñados para os que desexan probar por primeira vez un balneario, os que queren darse un capricho ou os que necesitan tratarse un problema concreto…
Masaxes
Ofrecémoslle distintos tipos de masaxes para que se relaxe connosco… Póñase nas nosas mans!
Programas de estética facial
Tratamentos purificantes, calmantes, hidratantes, reafirmantes, osixenantes ou antienvellecemento… todos eles destinados a mellorar o aspecto e a saúde da pel do seu rostro.
Programas de estética corporal
Programas anticelulíticos, reductores ou reafirmantes. Déixese aconsellar polo nosoo equipo de profesionais e sorpréndase coas incribles melloras que experimentará na súa figura.
Programas corporais especiais
Para aqueles que buscan tratamentos innovadores, poñemos á sua disposición os nosos programas especias de viñoterapia, chocolaterapia ou cerezaterapia.
Senda natural
Espacio para sentir o placer dos sentidos. A auga, a terra, aromas relaxantes, colores especiais combinados con masaxes provocarán no corpo unha sensación plena de descanso e relaxación
Hidroterapia
Distintas técnicas de hidroterapia (terapia a través da auga) como bañeiras de hidromasaxe, piscina termal, chorros, pediluvios, etc.
Termoterapia
Tratamentos descontracturantes ou de artrose a través de aplicacións locais de parafangos, ou envolvementos corporais con diferentes tipos de lodos ou algas con fines hidratantes, remineralizantes e detoxificantes.
Respiratorio
Tratamentos dirixidos ao coidado e saúde do aparato respiratorio.
Outros
Vendas Frías, Electroterapia e Presoterapia… Cóidese, póñase en forma e reduzca eses centímetros de máis.
Depilacións
En Termas de Cuntis contamos tamén con servizo de depilación.

