Os nenos en Termas de Cuntis

ninos

Diversión

Pasar uns días de descanso, entretemento e saúde, é o plan turístico que ofrecemos en Termas de Cuntis ás familias con nenos, aínda que non teñan a necesidade dun tratamento específico.

No circuito lúdico-termal Acquaform, contamos co mellor atractivo para as familias con nenos. Máis de 1700 metros cadrados adicados á diversión, onde os pequenos se bañan e xogan á vez que se benefician da auga mineromediciñal. Neste espazo poden disfrutar dunha gran piscina dinámica con camas de masaxe, pescozos de cisne, chorros subacuáticos, pasillo de contracorrente, jacuzzi, unha seta de hidromasaxe ou unha zona de natación. Ademais desta enorme piscina interior, o Acquaform dispón doutra exterior, onde a auga se atopa a unha temperatura suficiente como para poder ser utilizada en pleno inverno sen sufrir o máis mínimo síntoma de frío.

 

Saúde

En canto aos tratamentos terapéuticos, desde Termas de Cuntis somos moi conscientes dos beneficios que as nosas augas poden aportar aos nenos que sofren distintos problemas de saúde. Nesta líña, o noso equipo de médicos e fisioterapeutas elaboraron un programa específico para os máis pequenos da casa.

Dito tratamento está dirixido a nenos con enfermidades respiratorias tipo asma bronquial ou bronquiolitis, fibrosis quística, rino-farinxitis, catarro común, sequedade das mucosas respiratorias, sinusitis obstructivas, infeccións respiratorias agudas e crónicas, obstrucción nasal recidivante, alerxias respiratorias…

Os obxectivos principais dos nosos tratamentos infantiles son, entre outros, lograr unha boa ventilación bronco-pulmonar, diminuir o consumo de medicamentos, ofrecer confianza ao neno coa súa enfermidade ou evitar as crisis de asma bronquial.

CARTEL CAMPAMENTO 2009

Aloxamento

No hotel Castro do Balneario dispoñemos de varias habitacións con capacidade para 3 ou 4 personas, donde nenos e papás poderán aloxarse cómodamente e desfrutar ao máximo do noso balneario e o seu privilexiado entorno

Campaña “Respiratorio Infantil”

Recentemente organizamos unha campaña especial do programa respiratorio infantil, onde se pretendía formar grupos de nenos para que poidesen realizar as distintas técnicas de hidroterapia todos xuntos. Deste xeito buscábase facerlles moito máis ameno o tempo de tratamento. Cada día ao finalizar a parte terapéutica, chegaba para eles a parte máis divertida onde podían xogar e divertirse as súas anchas… As piscinas do Acquaform!!!

En vista do éxito colleitado por esta primeira experiencia, e en previsión da chegada das alerxias, a vindeira primavera organizaremos unha nova campaña de tratamentos infantiles en grupo.