Programa de Termalismo Social

termalismosocialarriba

O Programa está organizadoe financiado polo Ministerio de Educación, Política Social e Deporte a través do Instituto de Maiores e Servicios Sociais, quen anualmente concerta con establecementos termais a reserva de prazas en balnearios para a estancia e tratamento dos usuarios do Programa. Poden ser beneficiarios dunha das plazas do Programa de Termalismo Social os cidadáns españois e nacionais doutros paises que cumplan os seguintes requisitos:
REQUISITOS:

• Ser pensionista do Sistema de la Seguridad Social polos conceptos de xubilación e de invalidez, en todo caso, e polo concepto de viudedade ou de outras pensións, únicamente cando o beneficiario teña cumplidos os sesenta anos de idade.

• Igualmente, poderán ser beneficiarios das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos de idade e cumplan co resto de requisitos.

• Non padecer trastornos mentais graves que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa. Poder valerse por sí mesmo.

• Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

• Realizar, no prazo indicado na convocatoria de plazas, a solicitude e alcanzar o expediente, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e turnos solicitados.

• O solicitante poderá ir acompañado do seu esposo/a ou da persoa coa quen conviva en relación de parella, para a que non se esixe a obligación de percibir pensión da Seguridade Social.
DENTRO DO PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL INCLÚENSE OS SEGUINTES SERVIZOS:

• Aloxamento e manutención en rexime de pensión completa e en habitacións dobles de uso compartido.

• Tratamentos termais básicos, que comprenderán :

– O recoñecemento médico ao ingresar no balneario.

– O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o médico do balneario.

– O seguemento médico do tratamento, con informe final.
PROCEDEMENTO PARA CONSEGUIR A SÚA PRAZA DE IMSERSO NOS MESES DE FEBREIRO E MARZO:

1- Cubrir a solicitude adxunta firmada polo titular da solicitude. Para descargala pinche aquí.

2- Vostede remítenos ao Balneario a súa solicitude cos datos e firmada por correo ordinario ou certificado:
Balneario Termas de Cuntis
Rúa do Balneario, 1
36670 Cuntis
Pontevedra

3- Nós tramitaremos a súa solicitude co Imserso

4- Posteriormente efectuaremos o seguemento da mesma.
RESTO DO ANO:

1- Cubrir a solicitude adxunta firmada polo titular da solicitude. Para descargala pinche aquí.

2- Vostede remite a solicitude persoalmente ou por correo, a:

• Os Centros de Maiores ou as Direccións Territoriais do IMSERSO correspondentes ao seu domicilio.

• Nos Órganos que teña designados a súa Comunidade Autónoma que asumiran funcións e servizos do IMSERSO.

• Os Servizos Centrais do IMSERSO:
Programa de Termalismo Social.
Avenida de la Ilustración, s/n, esquina c/ Ginzo de Limia, 58.
28029 MADRID.

– See more at: http://www.termasdecuntis.com/galego/programa-termalismo-social/#sthash.B0oqm4ZL.dpuf